SER VOLUNTARIO/A
Son as persoas voluntarias quen carga de enerxía diaria as baterías de Ecos do Sur, unha parte imprescindible, palpitante e potente dentro desta organización. Sempre apostamos por un voluntariado capacitado e profesional, e hoxe, estamos orgullosos/ as de contar con máis de 100 persoas que depositan a súa confianza en nós/ as, achegando tempo, esforzo e valor a este proxecto.

POR QUE SER VOLUNTARIO/A?
Ecos do Sur crece día a día grazas aos/ as voluntarios/ as, persoas que implican corazón, cabeza e mans no desenvolvemento positivo da nosa sociedade.
Se apostas pola participación cidadá e queres poñer en xogo as túas mellores calidades para mellorar a túa contorna, dóanos o teu tempo e capacidades! No programa de voluntariado de Ecos do Sur poderás aprender, desenvolver o mellor de ti e comprobar directamente a repercusión social do teu traballo.
Como voluntario/a de Ecos do Sur, proporcionámosche oportunidades de participar activamente nas nosas actividades, campañas puntuais, eventos e servizos, ou poderás colaborar nas nosas oficinas en tarefas de xestión.
A túa vontade móvenos! Envía a túa solicitude a través do seguinte formulario e poñerémonos en contacto contigo. Moitas grazas.
OBXECTIVOS DO VOLUNTARIADO DE ECOS DO SUR
Promover a cidadanía activa a través dun plan de voluntariado que promova a integración de distintos colectivos en situación/risco de exclusión social na nosa sociedade, tales como: persoas inmigrantes, vítimas de violencia de xénero/trata con fins de explotación sexual, persoas desempregadas de longa duración, beneficiarios/ as de rendas de inserción, etc. Para iso, promoverase a acción voluntaria e se empoderará ás persoas voluntarias, que apoiarán as actuacións que desenvolve Ecos do Sur en Galicia, Comunidad de Madrid e o estranxeiro.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
- Facilitar a integración social e laboral de persoas en situación de vulnerabilidade, especialmente: migrantes (-inmigrantes e emigrantes retornadas, en situación administrativa regular ou irregular, refuxiadas, desprazadas, solicitantes de asilo…), desempregadas (de longa duración, maiores de 45 anos, perceptoras de rendas mínimas…) e mulleres (vítimas de violencia de xénero, familias monomarentales, vítimas de trata con fins de explotación…)
- Mellorar e incrementar o desenvolvemento de proxectos de transformación social nas áreas de
- Acceso a dereitos esenciais
- Formación, emprego e emprendemento.
- Activación social. Empoderar ás persoas en situación e/ou risco de exclusión social.
- Mellorar a participación social dos/ as cidadáns/ as a través do voluntariado como axente de cambio.
- Transmitir á sociedade as problemáticas dos colectivos en exclusión desde unha perspectiva de Dereitos Humanos, promovendo a cultura da solidariedade e as narrativas de convivencia intercultural entre os/ as voluntarios/ as e a sociedade en xeral.
- Mellorar a preparación e profesionalización das persoas que queren realizar voluntariado en entidades sociais.