¡Comprométete con Ecos do Sur!
Dende 12 EUROS ao ano, e ata a cantidade que ti queiras. Ao asociarche non só estás a colaborar na mellora da túa contorna. Tamén te convertes nunha parte de Ecos do Sur, e poderás participar activamente en asembleas e eventos especiais. Ademais, recibirás regularmente información sobre todos os nosos proxectos e actividades.
Como somos unha entidade declarada de Utilidade Pública e sometida á lei 49/2002, do 23 de decembro, poderás desgravar ata o 75% das túas achegas na declaración do IRPF ou, se es empresa, ata o 40% da túa achega no Imposto de Sociedades (cun límite de dedución da base liquidable do 10%).
Ti podes facer moito contra a exclusión e a pobreza.
#Sumar a Ecos do Sur, unha corrente de persoas que actuamos de maneira innovadora e decidida para darlle a volta ás situacións de exclusión que sofren as persoas máis vulnerables, tanto en España como nos países do Sur. Necesitamos o teu apoio regular para seguir traballando con independencia, estabilidade e visión de futuro.