POR QUE DOAR Á ONG ECOS DO SUR?
XENTE COMA TI…En una sociedad que profundiza las desigualdades, aumentan las necesidades de muchas personas, nuestro trabajo se hace más indispensable que nunca. Tu aportación es un apoyo imprescindible para que podamos mantener nuestros servicios y para abordar nuevos proyectos sociales.
Ecos do Sur es una Asociación declarada de UTILIDAD PÚBLICA y está sujeta a los beneficios fiscales de la Ley 49/2002 del régimen fiscal de las entidades sin fines lucrativos y de los incentivos fiscales al mecenazgo.
¿Qué garantías puedes tener donando a Ecos do Sur?
-
- Cómo entidad declarada de Utilidad Pública rendimos cuentas anualmente ante el Registro Nacional de Asociaciones sobre las acciones sociales que desarrollamos como ONG a través de nuestra Memoria de Actividades, y sobre las cuentas de la ONG a través de nuestro Balance de Situación, Cuenta de Resultados y Memoria Económica.
- Somos una ONG integrada en la Coordinadora de ONGD, que actualmente estamos sometiendo nuestra gestión a la evaluación de la Herramienta de Transparencia y Buen Gobierno.
- Hemos suscrito el Código de Conducta de Coordinadora de ONGD que marca el cumplimiento de nuestra conducta ética como organización social. ¡Consúltalo!
Te ofrecemos la posibilidad de hacer una donación para apoyar nuestros proyectos y servicios de gran impacto e interés social. Descubre a fondo nuestro trabajo accediendo tanto a nuestra Memoria de Actividades, como síguenos en Facebook, Instagram y Twitter para estar al día de nuestras actividades y proyectos.
Descobre no seguinte vídeo o traballo que desenvolvemos na ONG Ecos do Sur de forma máis detallada:
Desde Ecos do Sur traballamos activamente en lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible na Axenda 2030 da ONU. Coa túa contribución participarás en que o logro dos ODS a nivel global sexa unha realidade para o ano 2030.
Ademais, ao ser Ecos do Sur entidade de Utilidade Pública suxeita á lei 49/2002 poderás beneficiarche de importantes desgravacións fiscais pola túa doazón á nosa ONG.
Esto cómo se traduce? Explicamoscho
Comecemos coa parte teórica:
- Poderás desgravarte un 75% dos primeiros 150 € que doases a unha ONG.
- Da cantidade doada a partir deses 150 €, poderás desgravarte o 30 %.
- Se es un cidadán ou cidadá que levas colaborando durante máis de tres anos cunha mesma ONG, podes sumar o 5 % extra, pero sempre que no presente exercicio e nos dous anteriores o importe da túa doazón fose igual ou superior (doazón igual ou superior durante o exercicio de 2016, 2017 e 2018).
Vista a teoría… pasemos á parte práctica:
Imaxínache que doas a Ecos do Sur 30 € mensuais. Ao cabo do ano, a túa doazón alcanzará os 360 € e conseguirías transformar a vida de familias como a túa.
- Dos primeiros 150 € deses 360 €, poderás desgravarte o 75%, é dicir, 112,5 €.
- Dos restantes 210 € poderás desgravarte o 30%, é dicir, 63 € (no caso de que leves doando á nosa ONG durante máis de dous anos, ese 30 % pasará a ser un 35 %).
- En total poderás desgravarte 175,50 €.
Recorda que o 10 % da base liquidable do IRPF é o límite que fixa a deducción.
E se son unha empresa?
No teu caso, a desgravación efectuarase sobre o imposto de sociedades ou IS, e poderás desgravarte un 35 % ou un 40 % da cantidade doada a esa ONG, dependendo do tempo que leves colaborando con ela:
- Se son menos de 3 anos, será un 35 %.
- Se superas ese tempo, será un 40 %.
Igualmente, debes ter en conta que o 10 % da base liquidable é o límite que fixa a dedución.
Como fago a desgravación?
- En primeiro lugar, comproba no programa Renda WEB que a túa información fiscal é correcta e que aparece a contía que achegaches a Ecos do Sur. Se non é así, deberás modificar os teus datos fiscais.
- Despois, xustifica dita achega mediante o certificado que che facilitaremos desde Ecos do Sur.
- A continuación, cerciórate de que nese documento conste o número de identificación fiscal tanto de Ecos do Sur como o teu.
- Por último, non te esquezas de engadilo na túa declaración da renda.
Se es persoa xurídica e debes presentar a túa declaración de Imposto de Sociedades tamén debes solicitar á ONG o teu certificado fiscal e achegalo. Lémbrao!
Podes ampliar información sobre o tratamento fiscal das doazóns na web da Agencia Tributaria.
Que certificado fiscal emite a ONG Ecos do Sur?
O certificado que che facilitaremos para acreditar as túas doazóns deducibles incluirá, segundo o artigo 24 da lei 49/2002, a seguinte información:
- NIF e datos identificativos da persoa ou empresa doante.
- NIF e datos identificativos de Ecos do Sur.
- Mención que fai constancia que Ecos do Sur está dentro das entidades que regula o artigo 16 da lei 49/2002.
- Data e contía da doazón.
- Comunicación do destino que a organización dará á doazón.
- Declaración da natureza irrevogable da contribución (sen menoscabo do fixado polas normas imperativas civís sobre rescisión de donativos).
Que máis debes ter en conta?
Se non resides no noso país (xa sexas persoa física ou xurídica) pero obtés rendas de España, os donativos a ONG que realices poden ter un beneficio fiscal. Ponche en contacto coa Axencia Tributaria para expor o teu caso particular e coñecer como debes proceder!
Doutra banda, se a túa residencia está nunha comunidade autónoma española que aplica deducións especiais por doazóns a ONG ou está suxeita a un réxime foral exclusivo, posiblemente poidas favorecerche dunhas rebaixas diferentes.